![]() |
Todo comezou diante dunha ración de polbo á feira en Padrón, despois dunha visita á casa museo de Rosalía de Castro. Pode existir un comezo máis tópico para quen se adican aos contidos dende Galicia? Durante esa comida decidimos lanzar un medio de tendencias en galego.
Disquecool apareceu en maio de 2011 na rede e dende entón xa somos máis de 3.000 en Facebook e máis de 2.500 en Twitter. Disquecool é o medio de tendencias made in Galicia, no que falamos de música, letras, estilos de vida, tecnoloxía, marketing, moda ou arte e deseño. Andamos na procura de todas esas cousas que son cool (aínda que en verdade todo é unha escusa para escribir do que nos gusta e non sentirnos culpables por adicarnos durante semanas a buscar o almorzo perfecto, os zapatos máis diferentes ou a gran novela europea).
Se queres poñerte en contacto coa redacción de Disquecool, podes empregar estes enderezos electrónicos.
Librópatas está formado por apaixonadas da literatura, entusiastas que saben que un bo libro pode ser a garantía para a felicidade. Encántanos ler, entusiásmanos descubrir novos autores e novos títulos e aínda nos gusta máis compartilo. Librópatas nace no verán de 2013 co claro obxectivo de converterse no medio coolhunter de tendencias en literatura. Podes contactar co seu equipo en Facebook, Twitter ou por correo electrónico.
A páxina é especialmente exitosa entre o público millennial: un 61% dos seus lectores ten entre 18 e 34 anos. No mes de novembro de 2014, conseguiu máis de 122.000 páxinas vistas gracias aos seus 64.000 usuarios.
O noso equipo conta con experiencia en diferentes áreas da rede, dende deseño de páxinas web ata redacción de contidos para internet pasando por xestión de presenza en redes sociais ou coolhunting na rede. Precisas que fagamos algo por ti na rede? Contacta con nós en info@disquecool.com e cóntanos que precisas. Darémosche unha solución axustada ao teu problema.
Aínda que somos un equipo moi dixital, sabemos que hai vida máis alá das pantallas do noso ordenador, o noso móbil intelixente ou a nosa tableta. Contamos cun equipo altamente experimentado en organización de eventos, que pode ofrecerche unha solución á medida. Algúns dos eventos off line que organizamos:
9 propostas en 9 minutos
Desvirtualizando aos fans
20x20 = Pecha Kucha
Un stand de éxito
Pero isto non é todo o que podemos facer por ti fóra da rede: tamén facemos coolhunting, xa que somos expertos en detectar tendencias (e non só en moda!); fotografía, con cobertura de eventos, fotografía editorial, de produto e documental; deseño gráfico, con comunicación gráfica publicitaria e identidade corporativa; e contidos editoriais en papel, como revistas corporativas ou contidos especiais. Cóntanos que precisas en info@disquecool.com e darémosche a proposta que precisas.
Queres contactar con nós para algún artigo? Estamos en info@disquecool.com. Podes descargar aquí as nosas últimas notas de prensa e descubrir o que contan sobre nós.
— Disquecool estará de pícnic no Garaxe de Culturgal - 28/11/12
— Disquefesta con concertos, xuntanza de ukeleles e unha guerrilla laneira - 08/09/12
— Disquecool celebra o seu primeiro aniversario - 01/05/12
— Sobre a Disquefesta [Praza.gal] [Faro de Vigo] [Código Cero] [Galiciae] [Vigo Low Cost] [Xornalistas.com] [El País]
— Sobre o primeiro aniversario [Europa Press] [Yahoo] [Telecinco] [Expansión] [20 minutos] [El Economista] [Milesnoticias]
— Entrevistas [Netámbulo] [CRTVG] [Compostweets] [Tempos Dixital]
— En televisión [CRTVG] [Ponte TV] [Sermos Galiza]
Estamos entre Santiago de Compostela e Vigo, así que o xeito máis sinxelo para que contactes con nós é o de botar man de internet.
Email: info@disquecool.com
E nosos perfís de redes sociais